Prato engobado
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Rúa San Roque, 33 (1989)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta De Galicia
Romana
Servizo de mesa / Funerario
Torno
Lucus Augusti
Século I-IV d.C.
Diámetro: 23,8 cm. Altura: 3,4 cm.
 
Arxila / Cerámica Común
Alcorta EP1
Descrición

Prato engobado de fondo plano, parede oblicua e bordo non diferenciado rematado nun labio biselado. É, con diferencia, o tipo mais frecuente e abundante entre os pratos engobados e, en xeral, de toda a produción engobada lucense. A súa presenza é habitual en contextos arqueolóxicos dende finais do século I d.C. ata o século IV-V d.C.

Trátase dunha produción xenuína da industria local de Lucus Augusti, entre cuxas producións tamén se recoñecen cuncos, xarras e fontes, cuxo denominador común é sen dúbida a presenza do engobe vermello. Esta vaixela conta cunha ampla difusión, sobre todo na área do convento lucense, pero que transcende tamén máis aló deste territorio, como demostran os achados da área asturicense ou bracarense. Forma parte do servizo de mesa característico da producción de época baixoimperial, tanto en Lucus Augusti, como noutras zonas do Noroeste Peninsular. Ademais, ás veces, formaba parte dos enxovais funerarios das tumbas pertencentes ás necrópoles de inhumación, como foi o caso desta no xardín de San Roque.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001