Fonte engobada
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Rúa San Roque, 33 (1989)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Servizo de mesa / Funerario
Torno-espatulado. Presión dedada. Engobado alisado
Lucus Augusti
Século IV d.C.
Diámetro: 30cm. Altura: 3,8 cm.
 
Arxila / Cerámica Común
Alcorta EP7
Descrición

Fonte engobada de fondo plano e bordo horizontal acanalado, con engobe interior de boa calidade. Decoración a base de depresións dedadas de forma oval na cara interna da parede que sobresaen ao exterior.

Trátase dunha produción xenuína da industria local de Lucus Augusti, entre cuxas producións tamén se recoñecen pratos, cuncos e xerras, cuxo denominador común é sen dúbida a presenza do engobe vermello. Esta é unha das formas máis características da produción lucense baixoimperial e amplamente representada, tanto en Lucus Augusti, como en todo o Noroeste, chegando mesmo a aparecer en puntos tan distantes como Braga, León e mesmo Toledo (na Vega Baja). Ademais, ás veces, formaba parte dos enxovais funerarios das tumbas pertencentes ás necrópoles de inhumación, como foi o caso desta no xardín de San Roque.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001