|
||||||||||||||||||||||||||||||
Cunco engobado de fondo resaltado, corpo semiesférico e amplo bordo horizontal liso. Este tipo está a imitar os cuncos da sigillata hispánica tardia (forma Palol 8).
Trátase dunha produción xenuína da industria local de Lucus Augusti, entre cuxas producións tamén se recoñecen pratos, xarras e fontes, cuxo denominador común é sen dúbida a presenza do engobe vermello. Esta vaixela conta cunha ampla difusión, sobre todo na área do convento lucense, pero que transcende tamén máis aló deste territorio, como demostran os achados da área asturicense ou bracarense. Forma parte do servizo de mesa característico da producción de época baixoimperial, tanto en Lucus Augusti, como noutras zonas do Noroeste Peninsular. Ademais, ás veces, formaba parte dos enxovais funerarios das tumbas pertencentes ás necrópoles de inhumación, como foi o caso desta no xardín de San Roque.