| Mobiliario metálico: Instrumental |
|
Dentro deste apartado recollemos unha pequena mostra de certos tipos de instrumental, fabricado en bronce, de muy distintos usos e oficios. Deste xeito atopámonos dende o sofisticado instrumental médico-cirúrxico, con pezas que son expoñentes dun alto grado de perfeccionamento profesional, ata útiles que requirían a participación de artesáns máis especializados, como un compás para uso de arquitectos e carpinteiros; sen esquecernos doutras pezas máis sinxelas, empregadas como utensilios de toucador ou para outras funcións máis variadas, como ligulae ou culleriñas para a preparación de cosméticos ou remedios. |