|
||||||||||||||||||||||||||||||
Sonda espatulada, realizada mediante un longo mango de sección circular, aínda que incompleto, que remata nunha cabeza espatulada lanceolada, decorada cunha X incisa no mango. Na súa unión coa espátula posúe unha ornamentación moldurada.
Este tipo de sondas utilizábase tanto como instrumento cirúrxico como de farmacia, para a exploración e a unción ou aplicación de pomadas.