|
||||||||||||||||||||||||||||||
Pinzas coa folla dobrada en dous trazos iguais, formando un aro ao nivel da articulación, coas extremidades lixeiramente curvadas cara ao interior. Presenta unha anela de suxección a modo de abrazadeira para axustar a presión uniformemente de tal modo que funcionaban como “grapas”,
Empregábanse en moi diversas cuestións de índole sanitaria, pero tamén para outros fins, como o aseo e adorno persoal. Como instrumental médico, tiñan múltiples funcións. Ao depilatorio, hai que engadir o seu emprego nos tratamentos inflamatorios dos ollos, a triquiasis ou a eliminación de corpos estraños.