|
||||||||||||||||||||||||||||||
Sonda ou culleriña realizada mediante un vástago de sección circular, rematada nunha das extremidades por unha pequena culler ou cazoleta circular.
Como instrumental médico, podia encaixar no tipo de sondas de oídos (auriscalpia), ou tamén para explorar feridas e verter líquidos nelas. En farmacia o seu uso como culler permitia extraer ungüentos e medicamentos en po dos seus contedores, na aplicación de sustancias en diversos órganos ou incluso en ciruxía menor. Como instrumento polivalente, non pode descartarse outros fins, como de tipo cosmético.