|
||||||||||||||||||||||||||||||
Compás formado por dous brazos rectos de sección rectangular rematados en punta, que se articula mediante unha charnela que permite o xogo de apertura e peche. Presenta decoración incisa de pequenas liñas paralelas.
O compás (circinus) é un instrumento de precisión empregado para trazar circunferencias (por exemplo nos trazos preparatorios da pintura mural) ou tomar pequenas medidas.