|
||||||||||||||||||||||||||||||
Piscina de planta rectangular cos extremos menores absidais, conservando un pequeno chanzo da escaleira de acceso. Estaba revestida integramente de mosaico, do cal se conserva unha parte siginificativa. Decoración xeométrica e figurada, en gris escuro azulado e gris claro sobre fondo branco. Decoración xeométrica con bandas de triángulos equiláteros graduados e pequenas cruces. No ábsida norte, motivo de serpe que morde a cola. No ábsida sur, motivo de semicírculo inscrito noutro maior e unido por liñas radiais.
A piscina da Praza de Santa María descubriuse durante unhas obras en 1960. Datada no século IV d. C., a súa decoración relaciónase con mosaicos cristiáns de África. Crese que puido pertencer a un baptisterio paleocristiano, pero non se exclúe a posibilidade de que formase parte duns baños termais ou dun balneum doméstico. Na actualidade exponse a través dun vidro transparente a nivel de rasante da praza.