|
||||||||||||||||||||||||||||||
Varios fragmentos pertencentes ao denominado “Mosaico de Batitales”, descuberto na antiga rúa Batitales (hoxe Doutor Castro) no ano 1842. Os motivos representados pertencen a unha composición de tema mariño presidida pola cabeza do deus Océano, da cal se conserva algún fragmento, rodeado de peixes, moluscos, crustáceos, así como orlas xeométricas de motivos variados.
Os escasos fragmentos conservados foron recuperados ao redor de 1881, e trasladados ao antigo Instituto de Segunda Ensinanza de Lugo (hoxe Pazo da Deputación) e posteriormente á sede do Museo Provincial de Lugo, onde se conservan hoxe.