|
||||||||||||||||||||||||||||||||
Anverso: IMP NERO CAESAR AVGVSTVS
Cabeza laureada do emperador Nerón á dereita.
Reverso: IVPPITER CVSTOS
Júpiter sentado á esquerda, sostendo o raio e o cetro.
O áureo ou aureus foi a moeda romana máis valiosa que circulou durante o Imperio Romano e unha das poucas pezas feitas de ouro que se acuñou durante este período. O seu nome fai referencia xustamente ao metal do cal estaba fabricada. Aínda que esta moeda xa existía na etapa final da República romana, é durante o período imperial cando adquire unha maior importancia, encabezando o sistema monetario romano desta etapa. Un áureo equivalía a 25 denarios, a principal moeda romana de prata e unha das pezas de maior difusión da época clásica. O áureo tamén equivalía a 100 sestercios e a 400 ases.