|
|||||||||||||||||||||||||||||||||
Anverso: I MP. CAE. C. VIB. TREB. GALLVS. AVG.
B usto drapeado, cabeza radiada do emperador Treboniano Galo á dereita.
Reverso: ANNONA AUGG.
Annona, de pé á dereita levando temón e espigas de cereal.
Durante o reinado de Caracalla, concretamente ao redor do ano 215 d.C., créase unha nova categoría numismática, o antoniniano (o nome da moeda obedece ao nome oficial do emperador, Marco Aurelio Antonino). Dita moeda, equivalente a dous denarios, foi acuñada inicialmente en prata, pero a súa progresiva desvalorización obrigou a que terminasen facéndose en bronce. A partir do ano 260 d.C monopoliza a circulación monetaria, pero cun contido en prata que non supera os 0,006 gramos, como mostran as emisións de Galieno e Claudio II.