|
||||||||||||||||||||||||||||||||
Anverso: IMP. AVG. DIVI F
Cabeza de Augusto mirando á esquerda entre palma e caduceo, en alusión á simboloxía da victoria, coa lenda IMP (erator). AVG (ustus) DIVI F (ilius).
Reverso: Escudo ou caetra, presentando un umbo central en forma de círculo recheo cun símbolo radiado.
Co obxectivo de sufragar os gastos da guerra de Roma contra cántabros e astures, Augusto viuse na necesidade de crear unha nova emisión de moedas, denominadas caetras, fundamentalmente co valor de dupondios e ases. No anverso aparece plasmada a efixie de Augusto, entre palma e caduceo, en clara alusión á simboloxía da vitoria. No reverso o tema principal está constituído por un escudo redondo ou caetra, rodeado por outras armas, típicas dos pobos conquistados, e que aparecen representadas como simbólicos trofeos de guerra.