|
||||||||||||||||||||||||||||||
Fragmento de bordo de labio externo e carena a medio corpo dun exemplar realizado en vidro mosaico polícromo segundo a técnica millefiori, en distintos tonos verde-escuro translúcido ponteados a branco opaco; amarelo verdoso con espiral en branco opaco; pétalas verde amarelado translúcido, contorno e corola amarelo opaco.
A súa importancia reside en que está fabricado coa técnica millefiori, que consiste en xuntar con calor varas de vidro de diversas cores (que neste caso serían vermello, amarelo, verde e azulado) que se unen entre si formando patróns que se asemellan a flores, de aí o nome polo que se coñecen. A peza resultante cortábase en seccións que se dispoñían nun molde para fundilas xuntas sobre unha base de vidro que servía de fondo. Debido á concentración de masa vítrea, derivada desta técnica, a peza presenta un acabado opaco.