Cunco de costelas
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Rúa Armanyá, 4 (1986)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Vaixela de mesa
Fundido, soprado e molde
Local / Rexional
Segunda metade século I d.C.
Diámetro: 11,8 cm
 
Vidro
Isings 3b
Descrición

Fragmento de cunco de costelas de forma hemiesférica, de vidro verde azulado. Recibe esta denominación pola súa característica decoración de molduras verticais a modo de costelas resaltadas en relevo, fabricadas a molde. Adoitan ser pezas monocromáticas en cor azul, cobalto e marrón.

Formarián parte da vaixela de mesa, cunha función polivalente, xa que estaba destinado a conter líquidos, alimentos semi-sólidos ou salsas. Constitúen, entre todos os tipos de vidro romano característico do século I d. C., o máis numeroso, xa que aparece non só en todas as provincias do Imperio senón tamén fóra dos seus límites.

Bibliografía
041
041
042
043
044