Taza con decoración gravada
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Rúa Ánxel Fole, 11 (1993)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Vaixela de mesa
Soprado/gravado e abrasión
Local / Rexional?
Século IV d.C.
Esp: 1,3 mm
 
Vidro
Isings 96 b1
Descrición

Fragmento de corpo dunha copa arqueada, posiblemente de forma hemiesférica, de vidro incoloro. Conserva restos dunha decoración gravada, na que se observa unha figura feminina, posiblemente unha ménade, que formaría parte dun motivo ou escena decorativa de difícil interpretación. A figura foi gravada por abrasión, con incisións obtidas a torno mediante moas con distinta amplitude e profundidade de gravado.

Os vidros tardorromanos con decoración gravada son excepcionais nos contextos arqueolóxicos, particularmente no noroeste. A orixe destes productos parece localizarse en oficinas renanas, probablemente en torno aos decenios centrais do século IV d.C. De aí, o seu carácter de recipientes suntuarios, de alto custo e de notable prestixio económico. Existe tamén unha produción de carácter local/rexional, con posible localización en Braga.

Bibliografía
041
041
042
043
044