| Mobiliario metálico: Mobiliario doméstico |
|
En relación con este termo pode adscribirse un elevado grupo de obxectos, algún dos cales son dificilmente recoñecibles, que se estendería dende os simples elementos de apliques que formaban parte dos mobles (xa que ademais dos apliques de cantos ou arestas e os tiradores, algúns mobles empregaban con frecuencia o bronce nas súas patas), ata as pezas relacionadas con portas e ventás, como as chaves e fechos de bronce ou ferro. Outros obxectos de uso doméstico como coitelos ou navallas, de formas e tamaños diversos, en bronce ou ferro, eran utilizados polos romanos para moi distintas actividades, tanto na cociña coma en carnizaría ou cerimonias relixiosas. Menos habituais son as caixas para protexer os selos persoais de cera que garantían a inviolabilidade da correspondencia privada. |