Pasador de pechadura
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Praza de Ferrol (1986)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Cerrallaría
Fundición a molde
Indeterminado
Séculos I - III d.C.
5,2 x1,2 cm
 
Bronce / Mobiliario metálico
Chaves (clavis)
Descrición

Fragmento de pasador de fechadura formado por unha placa rectangular calada con catro orificios, rematada no seu extremo por un vástago.

Nos buracos do corpo central introduciríanse os dentes da chave que, ao virar, levantarían o vástago, permitindo abrir a porta. As chaves que completan este tipo de fechadura son de pequeno tamaño e en L. Visto o tamaño destas chaves e pasadores, máis que para portas de vivendas deberían asegurar receptáculos máis pequenos, como puideron ser por exemplo arquetas e cofres de mobiliario. Aínda que as chaves son obxectos de uso cotián, ligadas ao ámbito doméstico, tamén podían ter unha forte carga simbólica, que neste caso faise patente ao estar asociada a un ritual de enterramento.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001
001
001
001