|
||||||||||||||||||||||||||||||
Chave de ferro das denominadas xenericamente en forma de “L”, chamadas todas elas dunha forma tamén xenérica como lacónicas ou laconianas. Está formada por unha soa peza de ferro, dobrada mediante forxa formando un ángulo recto. O número de dentes é variable, pero nunca inferior a dous. Estes dispóñense de forma paralela ou perpendicular ao mango, cunha lonxitude variable e seccíon circular, cadrada ou rectangular.
Este tipo de chave abriría pechaduras, posiblemente de madeira, como portas, cun mecanismo consistente ben en desprazar en sentido horizontal un pasador, ben en levantar por medio dos dentes o mesmo número de levas que caen por gravidade.