Caixa para selo
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Rúa Ánxel Fole, 11 (1993)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Accesorio de escritura
Fundición en molde
Indeterminado
Séculos I-III d.C.
Longo: 3,2 cm. Ancho: 1,8 cm
 
Bronce / Mobiliario metálico
Caixa para selo
Descrición

Caixa para selo con forma de gota, unha das formas máis frecuentes neste tipo de pezas, que consta de dúas partes, unha inferior a modo de contedor, con tres orificios na base e dúas fendeduras opostas nos laterais, e a superior como tapadeira, decorada cun puntilleado de liñas, unidas por unha charnela e un pivote no extremo oposto que encaixa nun pequeno remache impedindo que se abra.

Estes curiosos recipientes servían para protexer os fráxiles selos persoais de cera, que garantían a inviolabilidade e o segredo do material enviado. Despois de atar cun cordón as tablillas enceradas, moi usadas na correspondencia privada, os rolos con escritura ou calquera outro paquete, os extremos da corda eran introducidos na caixa polas fendeduras laterais; a continuación, vertíase a cera sobre o nó e imprimíase sobre a cera o selo persoal, pechándose por medio da tapadeira.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001
001
001
001