|
||||||||||||||||||||||||||||||
Cadeado denominado de truco con forma de anel cuxa fronte ou pa está formada por unha caixiña figurada con forma de máscara humana, coas cellas moi marcadas e longas, ollos redondos con pupila, o nariz é grande, os beizos son grosos e o tocado de estilo oriental, composto por liñas incisas paralelas horizontais.
Trátase dun sistema de fechadura de seguridade, con forma de cabeza con rostro en vulto redondo, coas faccións da cara ben remarcadas. Na cabeza aparece unha bisagra que permitía abrila, para mostrar o mecanismo de apertura do aro. Unha segunda bisagra está situada no lateral dereito do rostro. De aquí parte o aro móbil, de perfil plano-convexo e pecha cun cerramento embutido, alén do rostro.