Anel con entalle
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Rúa Nova, 19 (1991)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Adorno persoal
Gravado, fundición
Indeterminado
Séculos II - III d.C.
Diámetro: 22 mm
 
Bronce, cornalina / Aneis
Anulus
Descrición

Anel de bronce, con entalle de cornalina alaranxada de forma oval. Aro de contorno continuo, sección plano convexa. O motivo gravado na cornalina é unha Fortuna de pé, de fronte, coa cara volta cara á esquerda, leva o corno da abundancia no brazo dereito e apoia o esquerdo sobre o temón dun barco colocado aos seus pés. A deusa viste chitón e un himatión envolto ao redor das pernas do que un pano cae sobre o seu brazo dereito.

A cornalina é a pedra máis corrente para a talla de entalles e camafeos durante o período romano. Está traballada no estilo chamado de sucos incoherentes, a base de grandes trazos realizados con trade redondo, cun resultado final basto e descoidado. A representación de temas relixiosos, como neste caso Fortuna, é un tema moi recorrente na glíptica romana, e que se repite non só en entalles, senón tamén en moedas, esculturas, etc.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001