Entalle de anel
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Praza de Santo Domingo (1986)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Adorno persoal
Tallado
Indeterminado
Séculos I - III d.C.
11 x 10 mm
 
Sarda / Aneis
Anulus
Descrición

Entalle pertencente a un anel, tallado en “sarda” (cuarzo transparente) identificada coa melea (cor de mel) de Plinio. Represéntase como motivo único a figura dun cabalo que golpea o chan cunha pata dianteira mentres amaga un lixeiro escorzo, en actitude que, ás veces, precede ao rincho. O gravado realizouse a base dun trade de punta redonda para o corpo e un de roda para as patas e a cola.

A representación de cabalos sobre xemas é moi frecuente no mundo romano, xa que o tema de cabalos, tanto ao galope como en actitude de descanso, é habitual; podendo relacionarse con representacións de cabalos de carreira debido a que en moitas ocasións van acompañados da palma dos vencedores.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001