Anel de prata
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Praza de Ferrol (1986)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Adorno persoal
Fundición
Indeterminado
Séculos III - IV d.C.
Diámetro: 22 mm
 
Bronce / Aneis
Anulus
Descrición

Anel de prata, de sección plano convexa, fronte plana cun chatón redondo, ombreiros en forma de triángulo en forte declive na súa unión co resto do aro, recortados e con incisións que imitan as follas de acanto. Chatón decorado con silueta de tres peixes gravados, superpostos horizontalmente e orientados, alternativamente, en sentido contrario.

Este tipo de anel ponse de moda no século III d. C. e faise moi popular. Os gravados de peixes en negativo para facilitar o relevo ao aplicalo, suxire que se trata dun anel signatario. O motivo dos peixes, neste caso, pode interpretarse como un símbolo cristián, en relación co misterio eucarístico.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001