Anel de ouro
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Praza do Carme (1994)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Adorno persoal
Fundición
Indeterminado
Séculos III - IV d.C.
Diámetro: 21 x 19 mm / Peso: 2,5 gr
 
Ouro / Xoias
Anulus
Descrición

Anel de ouro, con aro estreito de dimensións constantes, de sección plano convexa. Chatón rectangular que sobresae da liña do aro, non conserva a pedra que o adornaba. O chatón está decorado a cincel con volutas contrapostas nas caras máis longas e unha especie de aspas nos lados curtos. Nos ombreiros tamén leva a modo de decoración unhas incisións ao longo de ambos os lados do estreito aro.

O anel de ouro foi durante moito tempo un privilexio de clase. Durante a República romana o seu uso restrinxíase a persoas de rango senatorial. Ao comezo do Imperio quedaba reservado aos cabaleiros. Máis tarde podían exhibilo todos aqueles aos que llo permitía o seu poder adquisitivo. Estes aneis cuxo volume xeral é un aro estreito e un chatón sobreelevado son tipos bastante correntes a fins do século III e durante o século IV d. C.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001