|
||||||||||||||||||||||||||||||
Anel de bronce, cun aro estreito e chatón redondo. Inscrito no chatón destaca un monograma en cruz. Con letras ou símbolos nos seus catro extremos. Parecen diferenciarse no eixo horizontal a A (alfa) e W (omega) de posible simbolismo cristián neste caso. No eixo vertical poderían recoñecerse o tridente e o tau, se non áncora, interpretable na mesma dirección simbólica.
Este tipo de anel tiña probablemente unha función signataria, para a sinatura de documentos. Dende un punto de vista formal, este anel atopa claros paralelos en época visigoda. Foi atopado nun contexto funerario, como parte dun enterramento ou sepultura illada con caixa de lousa localizada no centro urbán. O anel atopábase a altura da man esquerda do cadáver depositado nesta sepultura, aínda en conexión anatómica.