Cerámica
A cerámica é sen dúbida o material máis frecuente no rexistro arqueológico. O seu interese reside en que ofrece unha variada información sobre os fluxos comerciales, a vida cotiá, os usos e costumes, ademáis de ser un importante fósil director dos diferentes contextos arqueolóxicos da cidade.

As producións importadas están representadas maioritariamente pola terra sigillata e as paredes finas. As primeiras, particularmente abundantes na cidade, proceden dos centros produtores máis importantes, que nos séculos I e II operaban en Italia, no sul da Galia, pero tamén no norte e sul da Península Ibérica. Máis tarde, no período baixo-imperial, documéntanse as chamadas sigillatas hispánicas tardías, producidas nos vales dos ríos Ebro e Douro, así como tamén algunhas producións procedentes do norte de Africa.

Ao par das primeiras producións importadas, aparecen na cidade cerámicas comúns de fabricación local, cuxos centros de producción ou talleres se localizan ao norte da cidade. Estas producións, afins nun primeiro momento aos productos da Idade do Ferro, ofrecen posteriormente un variado repertorio de formas e tamaños xa na liña das modas e modelos romanos, utilizadas como vaixela de mesa, na cociña ou para almacenaxe. Outras cerámicas, como as lucernas, usadas na iluminación, ou as ánforas, para o transporte de viño, aceite ou preparados de peixe, ocupan tamén un lugar destacado entre os productos cerámicos.
003
Terra Sigillata
018
Cerámica común
020
Cerámica engobada
021
Paredes finas
025
Cerámica pintada
032
Lucernas
037
Ánforas