Cerámica: Lucernas

Para combater a escuridade dos camiños e lugares públicos, os romanos usaban fachóns de palla e teas feitas con sebo e outras graxas animais. Pero dentro da casa, a iluminación facíase fundamentalmente con lampadiñas de aceite (lucernae).

Trátase de lampadiñas de barro ou bronce, fabricadas a man, a torno, molde ou sobremolde, coa función esencial de proporcionar luz mediante o acendido dunha moxena que se conecta a un depósito de aceite que posúe a lucerna. Das características e decoración dos elementos que a configuran, sós ou combinados, dependen as diferentes tipoloxías coñecidas (de volutas, de disco, de canal, etc.), así como a respectiva adscrición cronolóxica.

001
001
001
001
001
001
001
001