| Cerámica: Terra Sigillata |
|
A vaixela fina de mesa, coñecida como terra sigillata, recoñécese pola súa característica cor vermella e por levar inscrito, no fondo da vasilla o sigillum ou selo co nome do oleiro. Os primeiros produtos deste tipo presentes en Lucus Augusti proceden dos talleres de Arezzo (Italia), de aí a denominación de terra sigillata itálica. A partir do 25-30 d.C. os talleres itálicos son
substituídos polos produtos procedentes de obradoiros da Galia (terra
sigillata gálica), maiormente do sur ( Os tipos cerámicos máis frecuentes nas mesas lucenses son pratos, copas e cuncas que poden ser lisos ou fermosamente decorados a molde. A partir do século IV d.C., estas cerámicas finas evolucionan, cambiando as técnicas de produción, as formas e os estilos decorativos. A esta época pertencen as abundantes mostras de terra sigillata hispánica tardía, procedentes maioritariamente dos vales do Ebro e Douro. Paralelamente aparecerán tamén novos modelos como a terra sigillata estampada ou gris (tamén paleocristiá) e as sigillatas claras de procedencia norteafricana. |