Crátera
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Rúa Armanyá, 4 (1986)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Relixoso-ritual
Decoración aplicada
Lucus Augusti
Segunda metade século I d.C.
Diámetro: 28 cm. Altura: 21 cm.
 
Arxila / Cerámica común
Alcorta O21
Descrición

Ola de corpo sinuoso e pé anular, con dúas asas de sección polilobulada. Decoración aplicada de cordóns plásticos con motivo serpentiforme no bandullo e as asas. Baixo o bordo, a decoración aplicada consiste nun anel dedado ondulado. A decoración complétase con motivos espatulados no ombreiro e a barriga.

A peza en cuestión é un produto híbrido, que responde técnica e formalmente ás técnicas romanas, pero cuxa decoración e produción son de carácter local. A orixinalidade desta peza reside non só no seu aspecto formal, que lembra certo tipo de cráteras clásicas, senón tamén na orixinalidade da súa decoración con figuracións plásticas serpentiformes, a semellanza doutras pezas pintadas do ámbito do noroeste. Todo iso fai que dita peza puidese ter unha función sacra, ritual ou litúrxica, sen que podamos precisar o culto ao que podía estar ligada.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001
001
001