|
||||||||||||||||||||||||||||||
Vaso de corpo sinuoso, cunha asa e fondo resaltado. Pasta de cor gris, micácea e ben depurada. Presenta unha decoración espatulada de liñas verticais, que se localiza no amplo espazo comprendido entre o bordo e a liña de diámetro máximo, na panza.
Son vasos de uso individual, para o servizo de mesa. Fan a súa presenza a mediados da segunda centuria, extendendo o seu uso en datas posteriores, ata finais da cuarta ou inícios da quinta centuria.