Ola de tradición indíxena
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Rúa Rodríguez Mourelo, 6 (1991)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Galaico-Romana
Impreciso/ Almacenaxe
Espatulado, incisión e plástica
Local / Rexional
1ª met. s. I d.C.
210 x 206 x 164 mm
 
Arxila / Cerámica Indíxena
Alcorta L3
Descrición

Ola de forma globular e pé anular resaltado, pasta de cor negra ou gris oscuro, micácea, con decoración mixta de motivos espatulados, incisos e plásticos aplicados. A combinación das súas características formais e orixinal decoración, suxiren un uso non culinario.

A cerámica de tradición indíxena ou castrexa, está presente nos niveis máis antigos de Lucus Augusti, revelando a presenza de poboación autóctona desprazada á cidade e dunha produción local que segue os postulados indíxenas. Esta cerámica presenta unha gran variedade formal e de repertorios decorativos, entre os que cabe destacar principalmente a técnica do espatulado e o estampado. Secundariamente, tamén se emprega como recurso decorativo, os motivos plásticos aplicados (mamelóns, cordóns lisos, etc.) imitando outras manifestacións da plástica indíxena, preferentemente os repuxados metálicos.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001
001
001