|
||||||||||||||||||||||||||||||
Morteiro de corpo semiesférico, amplo bordo horizontal con piqueira aplicada e fondo resaltado. A superficie de fricción conséguese mediante o pegado das grosas inclusións da pasta en que se elaborou.
Os morteiros cerámicos introdúcense na cociña lucense durante o século I d. C., como unha cerámica nova descoñecida na tradición prerromana. Os primeiros exemplos documentados consisten en importacións dos tipos en moda por aquelas datas como as producións de procedencia itálica (Cap Dramont 1 e Cap Dramont 2). Con posterioridade, os talleres locais ou rexionais comezarán a producir imitacións e series propias destes produtos para abastecer unha demanda que non conseguen satisfacer as producións importadas.