|
||||||||||||||||||||||||||||||
Vaso carenado de bordo exvasado, monoansado e espatulado, conformado por unha zona basal e un tramo de parede vertical, que ocupa dous terzos da altura. A súa pasta é ocre fina e o exterior presenta unha decoración espatulada.
Trátase dun dos vasos máis característicos da produción lucense, que formaría parte do servizo de cociña e mesa da época, amplamente representados nas abundantes escavacións realizadas na cidade, así como en todo o noroeste peninsular.