|
||||||||||||||||||||||||||||||
Fragmento de lucerna pertencente ao tipo de volutas con piquera triangular, posiblemente do tipo Loeschcke IA, e moi probabalemente dos centros produtivos centroitálicos. Presenta unha orla estreita e circular, separada por un disco con varias molduras de distinto grosor. O disco, conservado completo, é cóncavo e está decorado no centro por unha representación dunhas aves (cegoñas) mirando cara a dereita, co orificio de alimentación debaixo da representación entre as patas e a cola. A pasta é de cor laranxa, branda e depurada.
Esta tipoloxía de lucernas caracterízase pola súa elevada calidade técnica e artística, especialmente no referente á ornamentación do disco. Trátase da primeira produción de lucernas de volutas que xorde nos talleres lucernarios itálicos coincidindo cos inicios do goberno de Augusto, e que se difunde principalmente polo Mediterráneo Occidental.