Lucerna de canle
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Praza de Santo Domingo (1986)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Iluminación
Molde
Bracara Augusta (Braga)
Finais do século I d.C.- 1ª metade século II d.C.
9,5 x 7,5 x 4 cm
 
Arxila / Lucerna
Loeschcke X
Descrición

Lucerna de canle ou Firmalampen, de perfil troncocónico, con restos de queimado e pico alongado con remate redondeado e base plana. Unha pronunciada moldura dende o disco prolóngase ata pechar o orificio de iluminación xerando a canle, neste caso aberta que lle dá o nome. Disco plano sen decorar, con asa perforada e base anular coa estampilla en relevo EX . OF / LV. / B.A. F. (EX OF (icina) LV (creti) B(racara A(ugusta) F(iglinis))

As lucernas de canle con marca de taller, caracterízanse pola simplicidade formal e sinxeleza decorativa, xa que o disco plano raramente está decorado. O arranque da produción prodúcese entre o 60 e 75 d.C., e acadan unha gran difusión. Neste caso trátase dunha produción bracarense de tipo local/rexional, da coñecida oficina local de Lucretius.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001
001
001