|
||||||||||||||||||||||||||||||
Lucerna de disco, con corpo circular, orla ampla decorada con catro fiadas paralelas de pequenas perlas ou glóbulos en relevo. Disco separado da orla por tres molduras e tres acanaladuras. Rostrum corto e redondo separado do corpo por unha marcada liña curva e, no extremo oposto, conserva o arranque dunha asa, elevada e perforada. Base plana, sen molduras.
A decoración de perlas, confírenlle unha clara distinción a esta variante de disco. Polas características da pasta, podería tratarse dunha produción de carácter local ou rexional.
A presenza deste tipo de lucernas como enxoval funerario nas necrópoles de incineración é habitual, xa que tiñan un significado simbólico, coa función de iluminar o camiño dos defuntos a través das tebras do máis aló.