|
||||||||||||||||||||||||||||||
Lucerna pertencente ao tipo de volutas, probablemente Loeschcke IV. Presenta unha orla estreita e circular, separada por un disco con dúas molduras. O disco é cóncavo e ten no centro unha escena decorativa, que semella un “amorcillo”. Pasta fina e ben depurada, de tonalidade amarelada.
O repertorio decorativo neste tipo de lucernas mostra un empobrecemento xeneralizado na súa execución técnica, en relación cos outros tipos de volutas. Cronoloxicamente estas lucernas sitúanse no período de Augusto e as primeiras décadas do século II.