|
||||||||||||||||||||||||||||||
Lucerna practicamente completa de volutas con piqueira triangular. Presenta unha orla estreita e horizontal, separada do disco por dúas molduras de diferente grosor. O disco é cóncavo, decorado cunha figura ecuestre que pode identificarse cun iubilator, xinete encargado no circo de excitar nas carreiras aos aurigas e aos cabalos cos seus berros, ou ben pode ser un xinete das carreiras que se celebraban nos Ludi Apollinares, xogos circenses que se crean no ano 212 a. C. Orificio de alimentación entre as patas do cabalo.
A morfoloxía das lucernas de volutas está definida pola presenza de dous elementos ornamentais en forma de volutas nos extremos de arranque do rostrum. Esta tipoloxía de lucernas caracterízase pola súa elevada calidade técnica e artística, especialmente no referente a ornamentación do disco. Trátase da primeira produción de lucernas de volutas que xurde nos talleres lucernarios itálicos coincidindo cos inicios do goberno de Augusto, e que se difunde principalmente polo Mediterráneo Occidental