Epigrafía:
Funeraria

A localización das tumbas nas necrópoles estaba remarcada ao exterior por unha pedra na que se recolle a inscrición funeraria, e que ten a consideración de 'monumento funerario'. Nesta inscrición recóllese toda a información que permite identificar ao defunto. Ademais das fórmulas consagratorias, onde predominan as invocacións aos Deuses Manes (D.M.S.), como deuses protectores dos mortos, tamén se grava o nome do defunto, a súa procedencia social e familiar, idade, dedicante, etc. Atendendo aos diferentes tipos de enterramento e á época, os monumentos conmemorativos poden ser en forma de estelas, aras ou placas funerarias. Unha característica da epigrafía funeraria lucense é o predominio das aras ou altares  funerarios sobre as estelas e as placas, en contraste co que acontece noutras cidades do noroeste e o seu ámbito inmediato.

001
001
001
001
001
001
001
001