|
||||||||||||||||||||||||||||||
Estela funeraria de granito ou epitafio sepulcral de Cerecius. Estela fragmentada en sete pedazos, de tipo rectangular con cabeceira semicircular. Dúas molduras paralelas enmarcan o bordo de toda a peza, lisa e rectangular a exterior e en cuarto de círculo na interior. Na parte superior hai unha rosa tripétala de amplas hélices triangulares, enmarcadas nun disco de 30 cm de diámetro.
CERECI[US] / CAPITO[NIS F (ilius)] / LVCOAVGVS (tanus) / AN (norum) XXXVIII / H (ic) S (itus) EST / C (aius) FE[L]IC /[ius - - -] S (uo).
Cerecio, fillo de Capitón, natural de Lucus Augusti e morto aos 38 anos de idade está enterrado aquí.