|
||||||||||||||||||||||||||||||
Placa funeraria paralepípeda cun cadro moldurado. Está fragmentada en dúas partes por unha rotura en diagonal, perdéndose o E final de Festiae. Tanto o uso do dativo para o nome do difunto como o de superlativos e o emprego unicamente de S.T.T.L. indícannos unha cronoloxía tardía, moi probablemente de principios do século III.
Atopada en 1948 empotrada na muralla entre as portas de Bispo Aguirre e Santiago.
D (is) M (anibus) S (acrum) / FESTIA[E] LICINIAE COEL/ERNAE AN(norum) XXX MARCVS / AVRELIVS VXORI CARISSI/MAE VT QVI LEGIS DICAS / SIT TIBI TERRA LEVIS.
Consagración aos Deuses Manes. Marco Aurelio faille esta dedicatoria a súa carísima esposa Festia Licina, orixinaria da Coelernia, e morta aos 30 anos de idade para que tí lle poidas decir: que a terra che sexa leve.