|
||||||||||||||||||||||||||||||
Ara de granito con focus, presenta unha cornixa moldurada, as volutas perdéronse. Na parte superior foi esculpido un gran círculo en relevo. Na primeira liña entre o D e o M represéntanse unhas follas a modo de heredae distinguentes. Ara de granito con focus.
Atopada na muralla en 1894 ao abrir a Porta de Bispo Aguirre.
(Hedera) D(iis) (hedera) • M(anibus) (hedera) • / PHIL•TA•TES / OR•NA•TRICIS / C[AIAE] / (ATINIAE…) / • C(AI) ATINI FILIAE (hedera) • C (LARISSIMAE) (hedera) F (EMINAE) (hedera) / DO•MO • AVGVST(IS) / TAVRINIS / CONSERVI / EIVS.
Consagración aos Deuses Manes, de Philtates, perruqueira da nobre señora Caia Atinia…?, filla de Caio Atinio, orixinaria de Augusti Taurini (Turín). Os seus compañeiros de escravitude deíicanlle este recordo.