Placa de Rufus
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Rúa Quiroga Ballesteros (2024)
Museo Castro de Viladonga
Depósito da Xunta de Galicia
Época Romana
Funerario
Tallado
Local / Rexional
Século II d.C.
66 x 50 x 13 cm.
 
Granito / Epigrafía funeraria
Placa funeraria
Descrición

Placa funeraria paralepípeda cun cadro moldurado. Campo epigráfico de 41 x 26 cm está elegantemente enmarcado por un estreito listel (2 cm) e unha moldura de baquetón sinxelo (3 cm). Letra capital cadrada de boa factura, cun gravado marcado e pequenos reforzos nos trazos, con cinco liñas de texto, dispostas en orden decrecente. Observase a utilización de nexos e superposición de letras, por un mal cálculo do quadratarius. O epitafio aparece encabezado por unha invocación aos Deuses Manes, mediante a fórmula de consagración simplificada (sin sacrum), pero desenrolada, pouco habitual e que serve como elemento clave para a súa datación.

Atopada nun recheo, xunto con outra placa anepígrafe, ao realizar obras na rúa para reforma das infraestruturas.

DIS MANIBVS / RVFI RVFINI F (ilii) / COP (ori) MAIORIS / AN (norvm) L . RVFIVS RVFVS / PATRI P (osuit) ++__

Aos deuses Manes, de Rufus Maior, fillo de Rufinus, do pobo Coporo, morto aos 50 anos de idade, Rufius Rufus dedica este monumento ao seu pai...

Bibliografía
001
001
001
001
001
001
001
001