|
||||||||||||||||||||||||||||||
Estela funeraria de granito fragmentada en dous anacos. Na parte superior presenta unha media lúa de 15 cm. de diámetro e aos lados dous pequenos círculos de 5 cm. de diámetro cun punto central perdéndose á dereita. Dobre dedicación dun pai a dous fillos mortos.
Atopada en 1936 ao realizar a escavación nos cementos da Praza de Abastos.
D (iis) M (anibus) S (acrum) / D (iis) M (anibus) S (acrum) / PATER FILI (i) S PO / SVIT T (i) TVLVM / PIENTIS SIMI[S] / DVOBVS QVI / [IN]TERFECTI SV[N] / T III (ante diem tertium) / KAL (endas) / APR (iles) / [P]ATERNO / ANNOR (um) XXVI (viginti sex)….?
Consagración aos Deuses Manes; consagración aos Deuses Manes. Un pai erixiu este sepulcro aos seus dous fillos piadosisimos. Paterno, morto aos 26 anos e ?, os cales foron asasinados o 29 de marzo.