|
||||||||||||||||||||||||||||||
Broche de cinto de placa ríxida e perfil liriforme, chamados de transición. Caracterízase por ter a fibela e a placa fundidas nunha soa peza. A fibela é de forma rectangular. O perfil da placa é de tipo liriforme, con decoración incisa de motivo xeométrico cruciforme no extremo distal circular. A fibela é de forma rectangular e conserva o “hebijón”, de base alongada e extremo semicircular, adherido á placa pola corrosión. No reverso conserva senllos apéndices para a súa fixación ao coiro do cinto.
As características destas pezas, a medio camiño entre os broches de cinto de placa ríxida simple e os broches de cinto liriformes, fixeron que se denominen de transición, polo que cronoloxicamente cabe situalas no tránsito entre o século VI e VII.