|
||||||||||||||||||||||||||||||
Fibela de cinto en bronce de base escutiforme e escotaduras laterais. Presenta unha decoración xeométrica cincelada na base, de liñas incisas curvas e conserva parcialmente parte do gancho de fixación, fracturado.
O achado deste tipo de hebillas nas necrópoles visigodas adoita ser habitual. A túnica era a peza máis habitual na indumentaria visigoda, que se axustaba ao corpo cun cinto ancho. Destes cintos, o que adoita aparecer son as fibelas e as placas ou tamén broches.