Fíbula de resorte
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Rúa da Raiña, 7 (1988)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Galaico-romana
Adorno persoal
Fundición
Indeterminado
Séculos I a.C. - I d.C.
5,5 cm
 
Bronce / Fíbulas
Tipo La Tene III
Descrición

Arco alongado, sen decoración, con resorte, posiblemente bilateral, formado por un arame enrolado en espiral. Descanso en forma de placa triangular. Este tipo de fíbula ten como trazo característico que o pé, a súa prolongación e a ponte únense, constituíndo un único elemento.

As fíbulas chamadas de La Tene, ou de apéndice caudal, son continuación no tempo, a partir de inicios do século V a. C., dos tipos de pé volto con botón terminal. As súas características principais evidéncianse na ponte curva e no pé coa súa prolongación elevada en apéndice caudal. Todo indica que o modelo deste tipo de fíbulas procede de Centroeuropa, sendo a conquista romana a que acentuará a súa difusión na Península, copiada e adaptada ás tradicións tecnolóxicas e os gustos estéticos locais. A súa presenza no contexto arqueolóxico de Lucus Augusti non deixa de ser meramente testemuñal, xa que apenas coñecemos exemplares deste tipo.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001
001
001
001