Fíbula esmaltada
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Rúa Xeral Tella, 13 (1992)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Adorno persoal
Molde-fundición
Centroeuropa
Século II d.C.
4,4 x 2,9 cm
 
Bronce / Fíbulas
Tipo II de Exner
Descrición

Fíbula en bronce, esmaltada, tipo II de Exner. Arco en forma romboidal, resaltado con remates pareados nos vértices, decorado con incrustacións en esmalte de diversas cores, vivos e rechamantes: fondo en amarelo con puntiños negros salpicados, e na parte central, un círculo esmaltado en vermello e botón en branco. Cabeza en forma de charnela e o pé con placa que se dobra formando o apoio para a agulla, a cal non se conserva.

A concentración dos paralelos coñecidos para este grupo oscila entre a zona centroeuropea e o limes oriental, coñecéndose bastantes exemplares asimilables, parecidos e mesmo exactos, en lugares moi distantes.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001
001
001
001