Fíbula de charnela
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Praza de Santo Domingo (1986)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Adorno persoal
Fundición e molde
Indeterminado
Primeira metade do século I d.C.
4,7 cm.
.
Bronce / Fíbulas
Tipo Aucissa
Descrición

Fíbula completa do tipo denominado de charnela. O elemento máis característico é o arco, semicircular, bastante elevado, decorado con liñas verticais no dorso. Pé curto rematado nun botón cónico, con cabeza de charnela curta e bipartita con eixo, mediante o cal se une á cabeza do alfinete. Conserva íntegra a agulla, independente, de sección circular.

Este tipo de fíbula con resorte de charnela recibe o seu nome dun dos seus fabricantes máis activos, que marcou as súas pezas co seu nome (Aucissa), amplamente coñecido en todo o Imperio. Todos os autores coinciden en sinalar a súa pertenza ao século I d. C, sendo a tipoloxía romana de fíbulas máis extendida. Por iso é frecuente atopala nos rexistros arqueolóxicos de Lucus Augusti..

Bibliografía
001
001
001
001
001
001
001
001
001